Presentamos al nuevo miembro del Círculo de Ares: José Luis Ferreiro Álvarez con tres poesías en gallego y dos de ellas traducidas al castellano, que serán el comienzo de lo que esperamos sea un largo trabajo juntos.
Herba de namorar. No seu xardín secreto o sol da mañá flores de neve fundira. Se ti pídesmo eu irei a herba de namorar nos roquedos buscarei. Cando cada cristal de mica é un espello roto. Cando a gran cacharela busca no Azul abrigo. Cando a luz é mel... Se ti pídesmo eu irei a herba rosada de namorar eu buscarei. Para dicir adeus. Se vas dicirme adeus que sexa de golpe. Non me teñas nas ascuas da dúbida. Non me enredes na túa selva de palabras. Bicos fríos e abrazos apagados Edificaron, pedra a pedra, este cárcere. Esta prisión onde resido pero non vivo. Se vés despedirche que sexa rápido Como se arrinca a costra dunha ferida. Como o sol que me abandona En cada ocaso. El non promete volver pero si volve. Como unha última marea Que deixa seca a area da beira. Como se apaga o brillo afastado Das últimas estrelas Promesas foron un día Hoxe non son nada. Eu cría que o frío era branco Nesta mañá de hotel Que non me aluma. E é negro como a cegueira dun neno, Como é negra a miseria e As veas profundas da terra. A final de contas non é tan difícil Dixéchesmo xa co teu silencio. Co brillo indiferente dos teus ollos Con tanto desencontro de miradas. Mírasme e pérdesche de lonxe, Fasme sentir transparente e inoportuno. Pedra no teu zapato de esperanza, Mota de po no teu ollo de futuro. Erin. (Éirinn) As túas mans tecían un vasto tapiz de soños. Os meus ollos enviábanche fíos de luxuria e prata. E con eles bordabas amores e batallas. Vellos e novos deuses loitando por Irlanda. Os ríos deixaban de levar auga ao mar e levaban sangue. Enchíanse os pozos con colleitas de cadáveres. Gritaba a pedra da coroación do rei. A lanza , unha guadaña, segando vidas. O gran rei, Nuada perdía o seu brazo. Balor levanta a súa mortífera pálpebra e o brillo do seu ollo destrúe exércitos. O sol saía por occidente. Pisábanse as uvas da gloria. Os teus pés rían da forza de gravidade. E eu marabillábame de que por cada pisada túa, do chan da taberna, non brotase unha rosa. As túas cadeiras eran ondas. Os teus peitos describían círculos, como no ceo profundo as estrelas. Sentado , dividido , entre amor e desexo non podía apartar a vista das túas mans. Mañá os mortos volverán á vida, mañá Nuada terá un brazo de prata, mañá , o mozo Lug, deus do sol, lanzará coa súa fonda infalible, a pedra fatal que decidirá a segunda batalla de Moytura. Os fillos da Deusa Danu, derrotados, abandonasen a superficie da terra, buscasen refuxio nos outeiros ocos, será a orixe dos Sidhe. Os devanceiros das fadas e os elfos. Para decir adiós. Si vas a decirme adiós que sea de golpe. No me tengas en el limbo de la duda. No me enredes en tu selva de palabras. Besos fríos y abrazos apagados Edificaron, piedra a piedra, esta cárcel. Esta prisión donde resido pero no vivo. Si vienes a despedirte que sea rápido Como se arranca la costra de una herida. Como el sol que me abandona En cada ocaso. El no promete volver pero sí vuelve. Como una última marea Que deja seca la arena de la orilla. Como se apaga el brillo lejano De las últimas estrellas Promesas fueron un día Hoy no son nada. Yo creía que el frío era blanco En esta mañana de hotel Que no me alumbra. Y es negro como la ceguera de un niño, Como es negra la miseria y Las venas profundas de la tierra. A fin de cuentas no es tan difícil Me lo has dicho ya con tu silencio. Con el brillo indiferente de tus ojos Con tanto desencuentro de miradas. Me miras y te pierdes a lo lejos, Me haces sentir transparente e inoportuno. Piedra en tu zapato de esperanza, Mota de polvo en tu ojo de futuro. Hierba de enamorar. En su jardín secreto el sol de la mañana flores de nieve había fundido. Si tú me lo pides yo iré la hierba de enamorar en los roquedos buscaré. Cuando cada cristal de mica es un espejo roto. Cuando la gran hoguera busca en el Azul abrigo. Cuando la luz es miel... Si tú me lo pides yo iré la hierba rosada de enamorar yo buscaré.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
Círculo de AresEspacio de noticias del Círculo. Aquí encontrará información puntual y actualizada sobre nosotros, así como reflexiones de los miembros del Círculo. Historial Noticias
septiembre 2020
Categorías |