“Quérote” -díxolle- “quérote dende a primeira vez que te vin na universidade. Canto fai xa diso? Sete anos? O tempo voa, non si? E nós voamos con el, como un anaco de papel levado pola brisa. Sen saber cara onde vai, simplemente, voa sen preocupacións. Recordo perfectamente aquel dia. cando chegaches a clase e miraches para todos como un coello asustado. A boca pequena, os ombros encollidos e a mirada nerviosa. Sentaches na primeira fila e non volviches mirar para nós. ‘É tímido’ pensei, e non lle dei maior importancia, do mesmo xeito que fixo o resto da clase. Sen embargo non puiden evitar achegarme a ti cando aquela tarde te vin sentado no corredor esperando que chegase o profesor. Podes crer ou non o que che digo, pero aquela vez decateime da túa presenza polo son, unha musica que saía do teu interior e chegaba a min como unha doce melodía. É curioso, sempre me pareceu o maior misterio deste mundo. Non facías outra cousa que pintar no teu caderno, pero as rabuñaduras do bolígrafo tiñan un ritmo diferente. Máis tarde decateime de que ti tes un ritmo diferente, único ao do resto da xente. Curioso, non si? Nunca poderás comprendelo… Como podería explicarcho? Como poderías explicar que é o tempo? E o amor? Pode que iso sexa a música que oio de ti, amor. Decateime pronto de que ti eras harmonía, unha canción que non se me vai da cabeza por mais que o intento. Incluso agora, cando repenicas cos dedos na bancada mentres esperas o café, tes o teu ritmo característico”. O silencio que se palpaba na habitación podería incomodar a calquera salvo a eles dous. El de costas, mirando o café, e o outro sentado na mesa escoitando a súa melodía: o compás da súa relaxada respiración, o petar dos seus dedos na bancada e algo moito máis intenso, algo agochado baixo a súa pel que soamente el era capaz de escoitar. Ignoraba se tan sequera el era tamen capaz de percibir aquela sensación. “Quérote como ninguén máis o fixo nunca” -dixo tras un longo silencio. “Paréceme moi cruel que ti, o que non sabe o que é a música, faga a mais fermosa das melodías”. O café por fin brotara da cafeteira. Con moita suavidade, el sacouna do lume, xirouse e coas mans formulou unha pregunta en lingua de signos. “Soamente con azucre, sen leite” -dixo cos beizos e as mans ao mesmo tempo. Cun sorriso el tornouse dándolle as costas de novo para servir o café, mentres el susurraba de novo “Quérote” -cantas veces soñara con dicirllo!- “Quérote” -dixo un pouco mais alto pero, coma sempre, ás súas costas.
Amodiño Relato de nuestro alumno ADRIÁN GIL, premiado en concurso.
0 Comentarios
|
Círculo de AresEspacio de noticias del Círculo. Aquí encontrará información puntual y actualizada sobre nosotros, así como reflexiones de los miembros del Círculo. Historial Noticias
septiembre 2020
Categorías |